CEA,XOSÉ DE
Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos.
Agora, co presente ensaio, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidao de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropós