ORDÓÑEZ, RAFAEL
O cabalo pensa que a súa caca é a mellor do Universo. Pero a vaca pensa que a dela é mellor. E o porco, a cabra e o parrulo non están de acordo Cal é a mellor caca do Universo? Os animais deciden organizar un concurso de cacas! Avisan a todo o mundo e cando chega o gran día hai unha chea de animais apuntados. E hai cacas de todos os tipos, redondiñas, grandes, chafadas e mesmo cadradas Ata hai cacas sorpresa, que ninguén espera. Quen será o gañador?