GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA

GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA

GARCÍA, XOSÉ RAMÓN

55,95 €
IVA incluido
Disponible en 48/72h
Publishing house :
RBA LIBROS
Year of edition:
2023
ISBN:
978-84-1110-355-8
Pages :
512
Binding :
Rústica
55,95 €
IVA incluido
Disponible en 48/72h
Click & collect
To add favorites

A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna.
O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o "Catálogo galego de especies ameazadas", así como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que en Galicia existen), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración.
A "Guía das plantas de Galicia" contén, ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice alfabético.

Artículos relacionados

  • CUANDO LA TORMENTA PASE
    Manel Loureiro da un giro definitivo al thriller con su nueva novela, ganadora del Premio Fernando Lara 2024. Atrapado en Ons, una pequeña isla de la costa atlántica gallega, Roberto Lobeira no tiene posibilidad alguna de llegar a tierra firme ni de comunicarse con el exterior debido a una tormenta que parece ser el preludio de una tragedia. Cuando descubre un fardo que las ola...
    Available

    22,90 €

  • SOMOS PANDEIRETEIRAS
    PEÓN, MERCEDES / ROMANÍ, ANA / OTERO, SELINA / NUNES, ANDREA / SÁNCHEZ ARÍNS, SUSANA
    Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra». A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos...
    Unavailable

    9,99 €

  • SOMOS PANDEIRETEIRAS
    PEÓN, MERCEDES / ROMANÍ, ANA / OTERO, SELINA / NUNES, ANDREA / SÁNCHEZ ARÍNS, SUSANA
    Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra». A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos...
    Unavailable

    17,95 €

  • VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA
    CALLÓN, CARLOS
    Neste libro analízase a evolución da diversidade LGBT ao longo da Idade Media, centrándose sobre todo en documentación galega e portuguesa, que ofrece información crucial nunha dimensión europea. Abórdanse nas súas páxinas diferentes relatos e retratos que quebran o que podiamos pensar sobre esa etapa: o matrimonio máis antigo entre homes de que conservamos documento na Penínsu...
    Unavailable

    9,99 €

  • CANTAREIRAS
    VARELA, ICÍA / VARELA VARELA, XOSÉ MANUEL
    Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda. Da man da pandeireteira Icía do Manso e o especialista Xosé Manuel Varela. ...
    Unavailable

    11,50 €

  • CANTAREIRAS
    VARELA, ICÍA / VARELA VARELA, XOSÉ MANUEL
    Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda. Da man da pandeireteira Icía do Manso e o especialista Xosé Manuel Varela. ...
    Unavailable

    6,99 €

Other books of the author

  • GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA
    GARCÍA, XOSÉ RAMÓN
    A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que...
    Unavailable

    12,95 €